Temas


Generacion.net

¿Y estos anuncios?



Enlaces

Archivos

OS ROEDORES DO VALEIRO

Se muestran los artículos pertenecientes a Octubre de 2005.

13/10/2005

ESPIÑAS E CORAZÓN

corazón espinado.jpgPecho os ollos e escoito unha canción, tarareo a melodia, repito o estribillo, e asoma unha imaxe á miña cabeza, unha rapaza morena cun sueter a raias de cores. Agora o tempo é pasado, as poucas verbas intercambiadas quedaron esquecidas na rede dos meses anteriores ó verán, e as miradas cruzadas seguen cravadas no meu corazón. Tras unha aventura fallida volvo pensar nunha que nin sequera tiven o valor de darlle a ocasión de que fallara, retrocedo casi un ano de pensamento e retomo a imaxe da rapaza da coleta. Inda que agora teño menos forzas que antes, pois o derradeiro golpe foi difícil de asimilar, eu nunca fun un bo encaixador, e o tempo corre da miña contra, terei que xogar ben as cartas e non envidar en van. Polo camiño falleille a algunha xente, outros me fallaron a min, abusei dos sms, non fixen chamadas que teria que haber feito, vinme querendo a outra, vinme deixándome querer, pero sempre me chegaban comentarios referidos a ela, cando non era eu quen preguntaba. Seguro que voltarei ós mesmos bares, poida que só, poida que ti non, pero estou acostumado a perseguir espexismos entre os fumes da noite, e teño os ollos educados pra buscarte entre os cinturons de pinchos. Deixádeme creer nesta derradeira oportunidade, sacar as espiñas do meu corazón e soñar con esa actriz das películas románticas; estou disposto a equivocarme outra vez, e ben sei que o daño pode ser case irreparable, pero como un neno egoista eu sempre quero tódo-los regalos, e índa sego a facer a lista eu.
13/10/2005 22:27 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

24/10/2005

POBRE TAHUR

20051024222015-naturaleza-desnuda-jpg

   O meu amigo fora unha lenda, un dos meirandes xogadores de poquer da cidade, un mito das tascas e dos bares, dos tapadillos e das discos da comarca. Estabamos sentados nunha mesa, bebendo unha copa de caña, sen apenas falar, senténdonos sós. El tiña o corpo encollido, era unha sombra do que fora, case que non tiña color na súa cara, e os seus ollos semellaban valeiros. Aqueles ollos que foran a súa meirande arma, os ollos que queimaban ás súas víctimas, que desprendían unha mirada de brasas, unha mirada que podía tocar, acariciar, besar, foder sen tocar, unha mirada que gañaba as partidas sen reparti-las cartas. Non había rival posible, porque elas non estaban preparadas para igualar a aposta, non se sabían xogadoras nin ligaban xogo, ninguén se lle resistía, era maís que convincente, era a seguridade en persoa, o que remexia os ases, e gardaba as cartas marcadas. Estaba afeito a calquer terreo para dobregalas posibles rivais, ía buscando mesa en dónde estuvera, apostaba con cartas, sen elas, mínimo parella do que fora, apostaba forte con dobres ou trios, tantas noites, fulles, póqueres, repóqueres, xogadas insospeitadas, ollos suxos, cartas e asentos de coche; camas a descuberto , suor, xemidos, subo mais, dobro, sexo, saliva e roupa tirada. Centos de noites, ducias de mulleres, xogos sen inocencia, tapetes e roupa interior, esa fora a súa vida, xogador de damas, gañador de póquer, ladrón de amores, fuxido de día, morcego de noite.

   Mantíñase en silencio, bebendo a copa de caña pouco a pouco, meditando unha mala xogada, unha partida perdida, que pra él inda non acabara, resistíase a que acabara perdendo por unha vez e rexeitaba esa idea, pero ben sabía que o fin da súa época había chegado. Decidinme a preguntarlle, maís por pena que por curiosidade real, como fora esa derradeira partida, que o facía estar así de apoucado. A mirada, díxome, a súa mirada, non puiden con ela, robábame a alma, o corazón, a vida toda, canto maís a miraba mais valeiro quedaba, pero non podía apartar os ollos dos seus; eu pensaba que inda que fora duro xa case a tiña a punto, só esperaba o momento para subir a aposta ata que ela non pensara que iba de farol, pero ela comezou antes ca min as apostas fortes, e cando eu subía ou igualaba levantaba os ollos e non me rexeitaba a mirada, retábame inda maís, e eu non podía con esa mirada, gris e fría, pero que me atravesaba, e ela veña a subir a aposta, ata que...., rouboume o corazón, eu non me daba conta pero estaba a foderme, a foderme vivo.

   Pousou unha man sobre miña man dereita, colleume un cigarro do paquete, e dixo: eu non estaba preparado para iso, eu estaba acostumado a mandar, a impoñerme, a rexeitar, pero non puiden facer nada, estab espido ante os seus ollos, espido por dentro e por fora, ela ben sabía o que estabamos a xogar. Deulle outro pequeno trago a caña, levantou a vista e semellaba afogar en cada calada ó cigarro,  semellaba afundirse na súa desesperación, semellaba estar rendido, rendido de toda a súa vida de tahur, valeiro de soños e esperanzas, a derrota fóralle moi indixesta. Con un gran esforzo abriu a boca  pra decirme que tiña que marchar, que debía ir facer a compra pra a semana, que ela fora de tendas e non lle daría tempo; e levantándose dixo: ven facernos unha visita algún día, pra ve-lo pisiño, senon cando te deas conta xa estaría casado e os domingos ían a casa da sogra.

24/10/2005 22:20 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.


Plantilla basada en http://blogtemplates.noipo.org/

Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con iCities, 1001 relatos y el I Encuentro Rural de Blogs.]