Temas


Generacion.net

¿Y estos anuncios?



Enlaces

Archivos

OS ROEDORES DO VALEIRO

Se muestran los artículos pertenecientes a Abril de 2006.

09/04/2006

RECORDOS SEN COMPAS

20060409212343-vista-do-mar.jpg

   O rebumbio secuestra a conversa, mais eu non sei polo que me gosta o flamenco, e o fume agocha as miradas temerosas. O compás é un sentemento encadeado, unha pileta de bágoas gardadas nunha cárcere de carne. A filosofía de noite faixe por ordenador, cada un coa súa teima e todos coa mesma, artistas por horas, bucadores de ilusións, ladróns de paixóns, paiasos á forza, delatores do sexo. Fermosa a que mire, fermosa a que mire, ti non, ti non. Escritores de silencios, persoas por ser, mártires por vocación, todo morre cando non se rega, whisky, xeos, cigarros, recordadores de tempos que agora semellan ledos, amantes sen querer, soños con falta de dono que se agolpan en cada mesa. Fermos a que mire, fermosa a que mire, e era dermos a que mirou. Pegadores sen golpes nun combate inexistente, hay doces que se comen sen masticar, fuxidores de vacios, leedores de baldosas, insatisfacións en camisetas de cores. Arrepentementos de dous segundos, incomunicación entre o corazón e os miolos, pagadores de sorisos, perfumados coma frores, fuxidores das rúas, impacientes por sair correndo dos ollos que os miran, noites perseguidoras de persoas que fuxen de recordos non recoñecidos. Góstanme os animaís, góstanme os mares doces e salgados, góstame a carne que se come sen masticar. Língoas sen papilas, buscando aparcamento, carencias dentro dos zapatos, beizos mordidos para non dicir o que se quere, augas envasadas, fontes de anos pasados e cansados, bancos con sábanas, acordes que rouban a simpatía, peixes que non nadan en ríos de lava. Noites e maís noites, e morremos cada mañán coma vampiros que non saben voar, ilusión intravenosa, devoradores de lúas, perseguimos o fin sen darlle tempo a chegar. Que puta é a memoria.

09/04/2006 21:23 Autor: Nick Corey. Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

20/04/2006

ESPIDO E MUDO

20060420215530-via-solitaria.jpg   Sempre tiven unha pequena sensación de estar descolocado, pero agora realmente non encontro o meu sitio, un sitio onde esar cómodo e sentirme ben. Son inquieto por natureza, pese aser moi tímido non gusto nada da soidade, son calado demaís moitas veces por non dicir o que sento ou quero por mdo a non ser entendido ou a incomodar a alguén, así que vou escudándome nos silencios. Adoito a perseguir amores imposibeis, e rodeome de amigos que non sei se realmente me comprementan ou me restan personalidade. Visto de forma moi clásica e dou unha imaxe de distanciamento non desexada, e síntome desubicado caseque en tódolos sitios onde vou. Nos círculos de xente cercana falo moito de min, cecais pola sensación de non ser escoitado, reflexo os estados de ánimo que paso con claridade no meu rostro. Son un perfecto decoñecido para mita xente que está farta de verme, apático e sempre serio, inseguro e altaneiro, parece que teña medo a abrirme para non ser ferido no maís fondo de min. Sempre adoitei andar entre grupos de xente sen case nada en común, que inclusive non se caían ben, e coa miña inseguridade nunca souben nadar ben nesas augas turbias que unían eses grupos de xente. Fai tempo que non me sento cercano a ninguén, que non teño un gran amig@ a quen contarlle todo o que me pasa, todo o que sento, todo o que calo, todo o que teño. Sego saíndo por inercia, por medo a soidade dunha noite en casa con a cama só para min, deixome ir e non me gusta cambiar de sitios, sempre preferin os pequenos mundos, pois xa aprendín tempo atrás que unha maior oferta non é sinónimo de pasalo mellor. Teño case esquecido un pasado negro de ilusións irreais, moita xente coñecida nas noites de soños brancos e prostitución dos sentementos, quedei farto de ser o que non queria ser, de queima-la noite en mil cigarros e algo maís, de estar fuxindo de seguido duhas sombras que eu mesmo creaba. Son unha alma libre e tódolos meus amigos o teñen asumido, inda que agora esa imaxe que creei as veces vólvese na miña contra, pois pra moitas cousas xa non se conta comigo, e cando algo non me apetece non o fago, por moi en minoría que esté, nese punto sou algo inflexible, pero só coas persoas que tamén o son cos demaís, non me gusta seguer a corrente por que si. As cousas non están nen son coma eu quero, e eu desesperome con iso pero pouco podo facer para cambialas, e cado penso en facer algo síntome canso para semellante esforzo coma eu o vexo, así que non fago moito ruido non vaia a molestar.
20/04/2006 21:55 Autor: Nick Corey. Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.


Plantilla basada en http://blogtemplates.noipo.org/

Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con iCities, 1001 relatos y el I Encuentro Rural de Blogs.]