Temas


Diputación Provincial de Zaragoza. Manolete en fotografías de Ricardo. Exposición en el Palacio de Sástago.

¿Y estos anuncios?



Enlaces

Archivos

OS ROEDORES DO VALEIRO

Se muestran los artículos pertenecientes a Agosto de 2006.

06/08/2006

MERGULLADOR DE PECEIRA

   Unha noite non hai moito falando cunha amiga de relacións, medos e fracasos dinme conta de que eu son que melor me coñece, sei cales son os meus medos, as miñas inquedanzas, onde podo chegar e como ei de respostar ante calquera ocasión, así que coma ela me dixo non preciso de acudir a psicólogo algún e son uns cartos que me aforro. A cousa semella doada, ó saber cales son os teus medos e temores e as situacións que os provocan só teño que plantexalos e forzarme a superalos pouco a pouco, vale, nada compricado, non?, pero inda sabendo todo iso non son capaz de facelo. Non sei coma asumilos e enfrontarme a eles, coñézoos de fai tempo, cos seus nomes, as súas esceas e nalgún caso ata a súa cara, pero de ahí non paso, non, non son capaz de enfrontarme a eles. Din o primeiro paso que é recoñecelos, xa hai tempo que os recoñezo e me afogan, agora si, non sei a súa causa, e isto é algo que me fai darlle mil voltas ó meu pasado, a tódolos recunchos dos meus recordos tanto en color coma en branco, negro ou sepia, teño escanado anos e anos de vida pasada, vivida e non dou coa solución, co principio do problema, todo resulta unha introspectiva inútil, un mergullamento valeiro e que só me fai perder oxíxeno e folgos para seguir o camiño do día no que vivo. E canto mais procuro saber dos meus medos maís valeiro me sento, ó darme conta do que non son quen de facer síntome menos capaz, menos cheo e menos vivo, e inclusives semella que as cousas que antes non me costaban traballo agora son coma grandes rochas no meu camiño que precisan dun esforzo meirande cada día. Para algunha xente son alguén seguro de min mesmo, que sabe o que quere e coas ideas ben claras, en parte é certo, pero de que serve saber o que se quere se non eres quen de conseguilo, ou sexa que é coma coñece-lo camiño a seguir pero ter medo a camiñalo, non?; e se me perdo, e se o camiño resulta maís duro do que semella, e se non teño folgos para chegar ata alí, e se.....,. iso si excusas doumas todas, son quen de enganarme a min mesmo por non face-lo que non quero ou por enfrontarme os meus medos. E di a xente que todo me vai ben, que non me podo queixar, que vou cubrindo etapas firmemente e que son un loitador nato, pero non, non é así, loitador non son bo loitador, son ambicioso é competitivo, cecais extremadamente competitivo, pero non loitador, pois non son quen de loitar contra o meu meirande inimigo que son eu mesmo, e fora do traballo non son maís que un ser valeiro e triste, se nen sequera son quen de contar eses chistes que tantas risas conseguian, o paso do tempo borrou a miña parte alegre e festeira para irme deixando só é espido de emocións e de amizades; do resto é certo que non me podo queixar, que pouco a pouco vou facendo o meu camiño e que non me amedrento doadamente. Son teimudo ata o punto de ser capaz de deixar atrás vicios e insanas costumes que durante tanto tempo vivín, cando chegui ó punto de darme conta de que todo elo anulábame a miña personalidade cortei de súpeto, deixei as noites eternas, os polvos nos labados, as mil copas engulidas con fame, e as ilusións de ser quen non era nin quería ser, uns anos despois volvín as copas, pero dunha maneira mais mesurada, e case sempre as podo contar ó remata-la noite cos dedos dunha man, case sempre, porque hai días e compañas que fan que un se perda nos universos de Baco. Ben, paréceme que xa me liei con cusas que non viñan a conto, pero outra das miñas características é a dispersión, enlazo unha cousa con outra e non sempre remato onde quero, pero isto non é algo que me preocupe tanto coma o outro, o dos meus medos e temores e a forma de superalos, pero o pensar moito nunha cousa e chegar a desexala sen conseguila entrache o medo de poder perdela e así non eres quen de ir a por ela, inda que isto non sei ben se é outra das miñas excusas ou o saquei dalgures. Pois así, pensando nos meus medos, buscando os meus traúmas e dexesando non ter memoria en moitos casos sigo rematando un Domingo maís e disposto a comenzar unha semana que coma todas comenzará con forza o Luns e será eterna o Mércores, e se precisara dos psicólogos para axudarme a dar o segundo paso?, non, decidídamente dame medo que alguén se poida mergullar nas miñas augas tan calmas por arriba e tan bravas por abaixo.
06/08/2006 22:25 Autor: Nick Corey. Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

22/08/2006

ESPELLOS VALEIROS

20060822232458-mort.jpg

   Un home, unha muller, saían dubha discoteca, pub, ou outro tipo de garito, deica as catro ou cinco da mañán, temperatura agradable, pouco ruido e moito cansanzo. Camiñan xuntos, falando e dirixíndose as súas casas. Son amigos, sobor de todo son amigos, viven soós e cargan cunha tristura escondida pero pesada e cunha grande sensación de soidade.

-Xa estaba moi cansa.-Di ela.

-Si, a estas horas non é normal que esteas inda por eiquí.-Resposta él.

   Ela solta un pequeno soriso e agárraselle do brazo. Él segue a falar, deixándose coller pero sen aparentar querer achegarse mais a ela, pero encantado de sentir o brazo de ela entre o seu.

-Foi unha noite moi divertida. Pásoo moi ben contigo e as túas amigas.

-Si, pero mañá non vou poder coa alma.

-Veña muller, xa descansarás pola tarde votando unha sesta.

-Uyyy, a sesta de mañá non ma quita ninguén.

-E eu que quería levarte de paseo.

-Nin o soñes, mañá despois de comer métome na cama e todo, certo que si.

-E non te van chamar os teus amantes entón?

-Si, os catro á vez.- Di ela rindo e xirando a cara mirando para él-. Amantes, se eu non sei o que é iso. A min ninguén me quere, débolles asustar ós homes.

-Xa será para menos, hoxe inda estiveches tempo falando cun tio e algún que outro tentou facelo pero con maís pena que gloria.- Dixo el cun medio sorriso.

-Unha gloria si que eran, é que hai cada un.

-E o outro, ise ó que si que lle facías caso?

-Pois ise non me facía caso a min. É que os homes sodes tan fodidos..., menos ti, ti é que eres un home raro, se asa se pode falar contigo.

   A él enchéuselle o peito ó oir aquel comentario, gostáballe ela pero non sabía como facerllo notar, como dicirllo e tiña medo a perder a súa amizade se tentaba traspasar o límite que separaba unha cousa da outra.

-Si, eu é que xa case parezo unha maís das túas amigas. Xa comezo a dubidar de si me gostaban as mulleres ou os homes.

-Claro que eres unha mais.- Dixo ela rachando a rir-. Se ata coñeces todos os nosos segredos, as nosas raxadas, contigo é diferente, eres un sol.- Dille mentres se apreta mais o seu brazo e apoia a súa cabeza no seu hombreiro.

-Eu síntome cómodo con vos, e iso non é algo que me suceda con frecuencia, e contigo pásame moi a miudo.

-Tonto-. Sóltalle ela e dalle un pequeno bico na meixela-. Cáesme moi ben, en serio, ata as veces falamos que serías un noivo ideal. Hai, que sorte vai ter a muller que te leve.

   Acercábense á casa de ela e fíxose un silencio triste pero cómodo, os seus pasos apresuráronse pero a modiño, ningún dos dous parecía querer ser o primeiro en dicir adios. Escoitábanse algunhas voces por as rúas por onde eles acababan de pasar, podían ser os seus amigos e semella que ningún dos dous quería que os viran inda alí. Chegaron o portal e despedíronse coas mans xuntas e apretadas pero sen atreverse a darse un beso de boas noites, miráronse os ollos por un intre e soltáronse as mans.

-Deica mañá!.- Dixo ela.

-Deica mañá.- Dixo él votando a man ó bolsillo do pantalón para buscar un pito e comezando a andar de novo. Escoitou pecharse o portal e prendeu o chisqueiro.

 

   En casa fronte ó espello ela mirábase a súa cara, triste e apagada. Outra noite maís que ía durmir sen amor, tan difícil era atopar a alguén que a quisexe?. Os trinta xa cumpridos e seis anos que xa levaba soa, inclusives facía meses que non estaba con ningún home, non lle apetecía, odiaba volver a levantarse e pensar que aquilo era algo esporádico, que pasa e xa está.

   Él na súa casa tamén se mira ó espello, nótase vello, pasados os trinta as forzas parece que o abandoan. Láiase de non tentar darlle un bico a ela antes de despedirse, tiña tanto medo de ser rexeiatdo outra vez, tenta sorrise para mirarse no espello pero deíxao ó ver que non lle sae. Mira os seus olos apagados que semella perderan a súa coor, lávase os dentes e tenta buscar algún xeto de ela que lle faga ter algunha esperanza. Apaga a luz e métese na cama.

   Ela pensa por un momento nel e nun bico no portal, nun bico que non existiu e que non lle importaría que acontecese, pero pensa que a él gostalle outra e non quere pensar maís. Apaga a luz e métese na cama pensando no rapaz que non lle fixo caso.

 

22/08/2006 23:25 Autor: Nick Corey. Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.


Plantilla basada en http://blogtemplates.noipo.org/

Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con iCities, 1001 relatos y el I Encuentro Rural de Blogs.]