Temas


Diputación Provincial de Zaragoza. Manolete en fotografías de Ricardo. Exposición en el Palacio de Sástago.

¿Y estos anuncios?



Enlaces

Archivos

OS ROEDORES DO VALEIRO

Se muestran los artículos pertenecientes a Enero de 2006.

02/01/2006

ANINOVO SEN LUCIDEZ

20060102221327-audandbogart.jpg

   Dicíame un amigo, todo cheo, primeiro ano novo sen drogas dende xa non me acordo, mentres apuraba o sexto whisky. Os servicios ateigados, as cabezas erguidas cara un ceo inexistente, os canutos eran aromaterapia e eu sen deixar de fumar. Cinco minutos dando apertas, bicos, saudos varios e un ano por festexar, non sei ben o que nin con quen, pero con xente así pola rúa igual mpnto un bar. As rapazas fermosas, coma as convidadas solteiras das bodas, ollos de estrelas, cadeiras cinceladas, doces, simpáticas e co soriso nos beizos, e nos atontados ante tanta beleza, soñando imposibeis, só atinábamos a mirar, sorrir e mirar. Noite de desgaste, cazadores de ilusións, loitas nas barras buscando a mellor situación, hipoteses mortas por errar no cálculo, verbas caladas outro ano maís. Bailes descompasados cos ollos pechados, caramelos de menta e whisky con auga, si con auga tiven que repetir algunha vez, doenzas antigas e unha cama fría. Primeiro ano novo sen drogas, e para que as necesitamos décíalle eu co cuarto whisky nas mans, non as boto nada de menos, foron moitos anos sen durmir, sen sentir e sen soñar, roubábanme os soños, iso era o peor, a ansiedade por non soñar, o medo a sentir, a ter necesidade de alguén, a sufrir, a estar desperto. Hoxe está moi guapa a morena, comentaba un amigo, mentres eu a miraba coma dentro do meu soño, sen medo a espertar, pero felíz de poder soñar, e a xente seguía a beber, agolpada na barra coma se tiveran medo a rematar a noite sen estar bebidos, e as horas pasaban coma invitadas despistadas a unha festa na que non parecían para nada contar. E quen é esa morena da que te falan pregúntame unha amiga, sen mirala os ollos dígolle que ninguén en especial, gardándome os soños con chave, e dirixíndome cara a barra a pedir outra copa maís, hoxe estás moi guapo dime mentres me daba a volta, coma sempre respostei sen pensalo, arrogancia coma perfume e imaxe de seguridade non creible. E deron as oito e tantas da mañá e saín as luces do novo día, camiñando do lado do mar, que era a música perfecta para unha derrota que non existíu, con pasos seguros e a camisa desabotoada lixeiramente diríxome imaxinando hipóteses irracionais cara a miña cama húmida e fría, pero cancha de fermosos soños que nada me podrá roubar.

02/01/2006 22:13 Autor: Nick Corey. Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

16/01/2006

20060116221342-burbuja.jpg

   Días anubrados, baixón emocional, estado depresivo, camisas escuras. As bágoas semellan querer sair en cascada, as noites son cárceres de soños que se ven esvaecerse. Sentimento de derrota, de derrota definitiva, e xa non me quedan forzas pra loitar, pesadelos en carne viva, cleptomanía e voz valeira de ilusións. O telón está a caer e non son quen de atopa-lo desenlace a miña historia, pérdome en silencios tocando a guitarra sen cordas e sen poder cantar, valeiros e frío, sombras e cigarros que me perseguen a cada paso que dou. Sensación de necesidade que non logro entender, recordos de substancias prohibidas e xa esquecidas me atormentan a cada trago da miña copa, golpes nos miolos contra as paredes dos servicios, picor nasal e anestesia bucal, deuses que non nos salvan das nosas celdas sen chave posible e seguen sen saber quen somos. Augas que non choven de ceos irreais mollan a miña gorxa dun doce maná, cadencias nas conversas que poden ser evitabeis e que nunca chegan a conxugar as respostas, lume nas mans, peiteados de dez minutos e sorisos zombies. Cíclica depresión que sempre volta, afogándome dende dentro e facéndome menguar, repítese cada certo tempo coma se miña vida fose un péndulo que vai e ven dun estado a outro pero sen atopar nunca a felicidade compreta, e voume notando alonxarme do resto do mundo sentido que todo me sae mal, que ninguén me fai caso, que debería fuxir, saltar, rachar, facer algo, soltar adrenalina, ou ....., non sei, algo teri que facer.

16/01/2006 22:13 Autor: Nick Corey. Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

25/01/2006

CARGO DE CORAZON

20060125224727-cargo.jpg   O derradeiro venres un amigo comentabame que lle gostaba unha rapaza pero que a ela gostaballe outro e que non quería tentar nada con ela maís por medo o ridículo que por meterse nun lío do que sería difícil sair indemne. Eu aconsellaba que o mellor sería que llo contara a ela, pois así non quedaría coa dúbida de se fixo ben ou mal en deixar os seus sentimentos no seu interior. Pero el dicíame que prefería calar a levar unha deilusión meirande, pois prefería a súa cobardía a o rexeitamento, e que despois non sería quen de manter a mesma relación de amizade con ela, e prefería iso a non ter nada. Os seus ollos limpos e sinceros convencéronme de que el tiña razón, pero agora pensandóo mais polo miudo volvo creer que o mellor sería que ceibara todo o que sente, pois levar ese peso dentro é unha carga innecesaria e doorosa, e seino por experiencia propia. Semellaba sentirse derrotado antes de tempo, sen animo de loitar polo que quere, bebía as copas a grandes grolos coma querendo fuxir dun matadeiro emocional nunha rúa sen saida, mirábaa co rabicho do ollo, cunha expresión de mártir confeso e entristecía cando parecía voltar os seus pensamentos internos. Deume mágoa miralo así, e estaba tan seguro de que estaba a facer o mellor para el que non fun quen de facelo mudar de opinión, e o que é peor, eu sego sen saber se o que penso eu estaría ben ou se él está acertado tragándose os seus sentimentos, non sei , e non sei como axudarlle a quitarlle ese peso de enriba, porque non me gusta velo así. Agradezo opinións ou resultados de experiencias similares.
25/01/2006 22:47 Autor: Nick Corey. Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

30/01/2006

FALANDO DE LETRAS

20060130222720-sergio-larrain-1-valparaso-1957-2.jpg

-Pero, a ver a ti quen che gusta igrega ou ceta?

-Non sei, é que son compretamente diferentes pero namoraríame de calquera delas.

-Por iso, son dous tipos diferentes de muller, non hai algunha que te chame algo maís?

-Pois depende do día ou do meu estado, é que eu son compatible con calquera.

-Vale, físicamente igrega está mellor, iso está claro.

-Pode ser, inda que as veces ceta está radiante.

-Iso son os teus ollos que te enganan, eu repítome e digo que igrega é maís fermosa inda que non me caia nada ben.

-Non sei porque demos non te cae ben pois non te fixo nada

-Debe ser que ten unha cara que sempre está seria, tampouco a coñezo como para xulgala.

-Nembargantes ceta sepre ten un soriso nos beizos, e sabe ser agradabel.

-Iso mesmo, sabe ser agradabel, pero ten xestos de altanería que a delatan, dígocho eu que miro as cousas dende fora e podo xulgal mellor.

-Pode ser, pero é bo saber estar nos sitios e quedar ben, inda que non por pricipios hai situacións que así o requeren.

-Iso é pensar demasiado, daslle moitas voltas os miolos, non penses tanto e decídete ou fai algo de unha vez. Xoga as túas cartas, primeiro unha e logo outra, canto menos o penses mellor, non tes nada que perder.

-Si que teño, teño medo a errar e ó fracaso, ¿e se me equivoco?.

-Macho tes un lio que non te aclaras, veña non é tan compricado, pero ti mesmo, escolle unha e adiante, que se non vas rematar mal, sei que non é doado pero non hai outra.

-Xa, pero primeiro téñome que aclarar e polo de agora prefiro disfruta-lo tempo que vai pasando mentres tanto.

-Pois non deixes pasar moito tempo que xa sabes que voa, o tempo e as probabilidades.

-Si......., pero eu sonche así, coma unha tartaruga, pasiño a pasiño. E mentres algo hai que facer, tomamos outra?

-Veña, pero pídea ti que necesitas estira-las pernas para que o sangue se te mova e chegue os miolos para pensar mellor.

30/01/2006 22:27 Autor: Nick Corey. Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.


Plantilla basada en http://blogtemplates.noipo.org/

Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con iCities, 1001 relatos y el I Encuentro Rural de Blogs.]