Temas


Diputación Provincial de Zaragoza. Manolete en fotografías de Ricardo. Exposición en el Palacio de Sástago.

¿Y estos anuncios?



Enlaces

Archivos

OS ROEDORES DO VALEIRO

Se muestran los artículos pertenecientes a Mayo de 2006.

07/05/2006

COTILLEOS DE BAR (AMORIOS DE XUVENTUDE)

   (Retazos dunha conversa escoitada ó chou nun bar unha tarde)

-Pareceume moi mal o que me fixeches a noite.Dixo ela.

-Síntoo, pero xa había quedado e ademaís xa o tíñamos falado para ir este día de marcha, e tamén viña o Xose, que fai tempo que non o miraba.Dixo él.

-Pero ti ben sabías que era o meu aniversario, e iso doeume.

-Nena, non te poñas así, xa estivemos pola tarde xuntos, ti tamén o queres todo.

-Pensas que por un regaliño e un polvo a correr xa cumpriches, dende logo semellas un crío.

-Ti eres a miña moza, pero eles tamén son os meus amigos e caseque non me deixas tempo para estar con eles.

-Pero se son uns nenos, sempre de borracheira, esnifando tódalas noites, e coas tías son coma cafres. Así lles vai, que non se comen un rosco e só lles fan caso as putas que son coma eles.

-Non entendo por que che caen tan mal, a ti nunca te fixeron nada.

-Só faltaría, ben sei que non me aturan, pero o desprezo é mútuo-

-Non é que non te aturen, pero non lles gosta que non me deixes estar con eles mais tempo. Tamén tes que entendelos.

-Xa te teño dito que si queres estar con eles eu non te ato, vaite e deixame tranquila, que eu non te preciso para nada.

-Sempre estás igual, eu quérote, pero tamén me gosta estar con eles, penso que hai tempo para todo, ti tamén podes sair coas túas amigas, eu non cho prohibo.

-Pero ben que ves cando estou con elas e algún tío se achega a falarme. E atrás de ti veñen os teus amigos facendose o machito e dándolle a brasa ás miñas amigas que non os aturan.

-E que eu ben sei coma son os tíos, e se miran a unha tía soa van ó que van, que eu ben o sei.

-Eso era o que facías ti, non?. Anda que sodes coma os animais, só vos falla marcarnos coma se fósemos unha propiedade vosa.

-Boh!, deixao, que ben sabes que eu o fago por que non te dean a paliza.

-si,si!. E onte que tal?, ligáchedes moito?.

-So saimos de marcha, nada do outro mundo.

-E hoxe coma non que daches con eles?, ou esque xa non sodes tan amigos?.

-Xa te dixen que o sentía, non sabía que che había importar tanto.

-O día do  meu aniversario, non, non me importou tanto, mais ben cada día importame menos.

-Non sexas tan mala, que hoxe xa estou contigo.

-Se de vedade non sei nin porque che collo o teléfono.

-Veña nena, non o volverei a facer. Prométocho!.

-Cantas veces escoitei iso!. Non te enganes que sabes que non o vas cumprir.

-Si nena, dígocho en serio. Non te volverei fallar.

-Xa, xa!.

-Dime que queres que faga para remedialo que che fixen e o farei.

-Deixa de dicir tonterías non te vaias arrepentir.

-De verdade nena, dígocho de verdade.

-Vale, vale.

-E agora por que non nos vamos a dar unha volta por ahí a velo atardecer nun sitio tranquilo?.

-Ti pensas que xa o arranxaches todo así con catro verbas e cariña de ovelliña, non?

-Veña, non sexas mala, ímonos e seguimos a falar noutro sitio.

-Estás apañado se pensas que hoxe tamén toca. Semella que só me queres para iso.

-Veña, non levantes a voz, anda ímonos xa.

-Un puto crío, eres un puto crío.

   Levántanse, el tenta de bicala e ela apártase. Pagan as consumicións e marchan cara a porta. Polo camiño él trata de agarrala pola cintura e ela mírao con cara seria pero sen apartarlle o brazo. Abren a porta e sae ela diante o que él aproveita para abrazala por detrás e darlle un bico na meixela. Péchase a porta, semella que o bar volve a súa vida.

07/05/2006 22:50 Autor: Nick Corey. Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

14/05/2006

PERDENDO O ENFOQUE

20060514230241-raul-e-pedro.jpg

-Ben, imáxinate a escea. Un bar, un bar calquera, con pouca luz, non moi grande, ou cunha parte estreita que nos permita coller nun plano a dúas persoas que non estean xuntas.

-Vale, un bar escuro e dúas persoas. Non é compricado, segue.

-Pois eso, un bar , dúas persoas, home e muller, ela será a camareira e él o cliente. Un cliente apoucado, rostro cansino pero unha mirada crara e chea de misterio.

-Ollos azius e grandes, e cara seria. Penso que non será compricado de atopar. E ela, como será ela?.

-Ela morena, si, morena e cunha mirada afundida, lonxana, coma se estivera cansa de mirar. Delgada e cunha cara inexpresiva, coma de un loito non chegado, unha beleza esquecida ata por ela mesma. E vestida de negro, dun negro alegre, con vida, pero sen perder a súa escuridade, iso é moi importante, o negro na semipenumbra do bar.

-Veña, non lle atopo tantos matices a unha coor pero algo atoparas seguro. E ela xa me estou a facer unha idea de coma pode ser, si, xa a estou a ver. Ben, xa a teño, e góstame eso da beleza esquecida, si, non perdida, só esquecida. E entón coma comeza o movemento?.

-Si, pois o caso é que él entra no bar, valeiro e semiescuro, vale. Temos que poñer un ventilador, si, oio ruido de ventilador, ta-ta-ta-ta-ta-ta, si, e enfoca-lo bar dende a porta, facer un corredor estreito e con mais luz no fondo que por onde él entra. Así que vemos o que él ve, un longo e estreito corredor que vai ata un fondo semi iluminado, que é onde ela está, sentada lendo un libro, ahí debémola iluminar con algún filtro que lle dea un toque de coor que a resalte entre o resto do fondo, vale.

-Si, iso faise xogando co obxetivo e os filtros, a cousa polo de agora non é compricada, segue, segue a contar.

-Ela leé un libro, un libro non moi grande, que cando se vexa o libro non sexa moi grande, xa encontrarei algún. Pois entón él vai avanzando cara ó fondo do bar, a él non o vemos agora, só o vemos entrar e despois veremos o plano que él vai vendo conforme vai deica o fondo do bar, vale. Entón él vai cara ó fondo do bar e ela non está a ver pra él, non o ve pero sabe que está a entrar, sabes, oiu o ruido da porta o abrir e o pechar pero non a vemos levanta-la cara. Semella concentrada no libro pero sabe que alguén entrou e tamén sabe quen entrou, enténdesme, mira pra o libro pero non está a leer.

-Si, haí haberá que xogar coa expresividade da cara e axudamos con luces e algo de desenfoque, ela terá que facer algo coa mirada e tensar algún músculo da cara, tamén temos a inclinación da cabeza. Vale, pero unha cousa, eles coñécense ou non?.

-Si pero non, a ver, pode ser un cliente que xa viñera outras veces e que o mirara por ahí, pero nada concreto, polo de agora temos que manter a intriga, non dar datos. Quero manter a intriga de si se coñecen ata maís tarde, pódense coñecer pero non teñen ningún trato, pode der que a él lle gostase ela, pode ser que a ela lle gostase él, pode ser que foran examantes, pode ser que estean atraidos ambolos dous, pero nos non o vamos a mostrar, eso vai ser cousa deles e de quen os quera ver ou do que cada un quera mirar nesa situación.

-Pois teremos que ser moi neutros, respetar a libreopinión, mais luces, mais xogo de obxetivos e filtros. Primeiros planos en picado e non metelos os doús nun mesmo plano. Suspense, silencio e pouca maquillaxe.

-Non, silencio non. No bar haberá unha música de fondo, non sei algo de bossa nova, non sei ou quizais flamenco, algo de flamenco tranquiliño, non sei, ei de buscar algo que lle veña ben, iso deíxamo a min que algo ei de atopar. Pero vamos a seguir, él vai e séntase na derradeira cadeira da barra, si, ó fondo do bar e na barra, nun taburete, séntase e mira cara dentro da barra, ben, primeira a mira a ela e despois se senta no taburete. Míraa con cara triste, coma senténdose invisibel, coma se pensase que ela non o había mirar. Pois míraa e séntase, fixa a mirada nas botellas da barra e queda coa mirada perdida. Ela aparece por tras del e entra na barra, entra coa mirada cara o chan, non cara ó chan pero cara abaixo, desganada e aburrida, semellará frustrada ou valeira, valeira de vida, sen ilusión, sen gañas, unha beleza esquecida e lonxana, que non anda se non que frota na súa nube.

-Ben unha muller que frota na súa nube, hai que practicar o andar dela, un andar sen pisar o chan, nada de movemento de cadeiras, sempre plano superior e en movemento.

-Entón él pídelle algo, un refresco, un zume, algo, . Non, primeiro saúdanse, un hola chegará, un hola sen tono algún, pronunciado sen gañas, hola,hola, sen mirarse os ollos, puro formalismo, pura rutina. Pois saúdanse, él pídelle algo e, non, pera, el dille hola e ela respóndelle con outro hola e tamén dille algo maís, un que tal?, si, un que tal case sen interrogación está ben. Si, pois ela dille hola, qué tal? pero moi baixiño, entón él vai e dille posme un zume ou un refresco ou algo, pillas, él pídelle algo e non lle responde, esquiva o falar con ela,pillas, faino sen querer pero faino, por inercia, por apoucado, por o que sexa pero faino. E ahí ela da a volta, si, dase a volta buscando o que él lle pediu e murmura unhas verbas, vale, ela ó dar a volta di algo para ela mesma, pero él o vai escoitar, pillas, él vaina escoitar. E ela dirá algo así coma, non sei ben o que vai dicir, non sei, algo coma non sei pra que prefunto, algo así, ou isto pásame a min por falar cando non debo, non o sei, non teño claro o que ten que dicir ela neste momento, pero será algo coma eso, pillas, vasme pillando a idea.

-Si, voume facendo unha idea, trama de suspense, nada compremetedor, vale, vouno vendo, si, voume metendo na historia. Gostoume iso da beleza esquecida, mira que eres raro ti, e un bar oscuro e con flamenco, isto recórdame a algo, ou será a túa casa, fixo, flamenco e bossa nova, fáltanche as velas e os teus tangos electrónicos ou eso que escoitas coas luces pechas e en penumbra. Vale, non sigo, xa me fixen unha imaxe do que queres, non me resulta compricado imaxinarmo, ata te miro a ti de él, si., pégate o persoaxe, pégate pero que moito. Que non rio de ti home, so digo que ti podes ben ser él, xa, xa sei que escribes sempre cousas que che son coñecidas e reais, vale, pillo, non queres ser él, veña, so era unha apreciación. Mira xa apareceu a camareira, que tomás, un zume, un refresco, un auga, ou qué?. Hola!

14/05/2006 23:02 Autor: Nick Corey. Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.


Plantilla basada en http://blogtemplates.noipo.org/

Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con iCities, 1001 relatos y el I Encuentro Rural de Blogs.]